INCLUSIÓN SOCIAL

INSERCIÓN DAS PERSOAS SEN FOGAR
Unha iniciativa para facilitar a inserción sociolaboral das persoas que se atopan en risco de exclusión social severa. A meta é que cada persoa poida recuperar recursos persoais e habilidades sociais para o emprego, e así axeitalos á situación do mercado laboral actual.
PUNTO DE ENCONTRO (A Coruña)
PUNTO DE ENCONTRO (Ourense)
Este programa persegue a incorporación social das persoas inmigrantes, mulleres en situación vulnerable e mozos/as en situación de risco social, combinando a orientación laboral, a formación e o acompañamento desde o empoderamento e o fomento da cidadanía activa.
APOIO A PERSOAS SEN FOGAR
O Proxecto Formativo e de Apoio Persoal para Usuarios/as da Cociña Económica está destinado a paliar a problemática das persoas usuarias do comedor social de Santiago de Compostela. Queremos ser un apoio para elas no camiño de lograren unha vida o máis normalizada posible.
VIVES PROXECTO
Un proxecto para o fomento do emprendemento inclusivo, dirixido a persoas en risco de exclusión socio laboral con interese por desenvolver unha actividade microempresarial, e a todas as entidades sociais que operan no denominado “Ecosistema do Emprendemento”.
RED LABORA
Integrada en Red Araña, esta iniciativa está destinada a incrementar as opcións de inserción das persoas con dificultades de acceso ao emprego. Servimos de apoio a mozos e mozas desempregados para estimular as súas capacidades persoais e fortalecer as súas vías de conexión co mercado de traballo.
AULAS TIC
A misión deste programa é capacitar as persoas participantes para un uso normalizado das novas tecnoloxías. Trátase de incrementar as posibilidades de inserción laboral mediante a xestión eficaz dos recursos web e a competencia nas ferramentas informáticas de uso diario.
MULLER TIC
Destinado a reducir a incidencia da fenda dixital de xénero, este programa fomenta a aprendizaxe de competencias dixitais básicas e avanzadas para mulleres en situación de desemprego, coa misión de camiñar cara a unha igualdade real de oportunidades no acceso ao traballo.
Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter