FORMACIÓN E INVESTIGACIÓN

Máster en Intervención e Emancipación de Mozos/as en Dificultade e Conflito Social
Organizado pola USC e Igaxes3 e dirixido á formación de especialistas no traballo de autonomía e emancipación de mozos tutelados e residentes en recursos de autonomía; ex tutelados; en garda; con medidas xudiciais; e con problemas de absentismo escolar.
Rede de Investigación e Formación en Xuventude e Inclusión Social
Xeramos coñecemento xunto a seis universidades e outras tantas entidades sociais para mellorar a calidade da intervención con mozos e mozas en dificultade social, tanto con menores en situación vulnerable como con adultos ex tutelados.
Estratexias Eficaces de Intervención Socioeducativa con Adolescentes e Mozos/as en Risco de Exclusión Social
Avanzamos no coñecemento de modelos eficaces de intervención con adolescentes e mozos que se encontran, de forma máis acentuada por mor da crise socioeconómica, nun risco severo de exclusión social.
Vacinas sociais
Proxecto de innovación social, inserido no programa Grundtvig da UE e destinado a desenvolver un sistema de formación para profesionais que traballan con persoas en dificultade social: trátase de xerar materiais orientados á promoción do empoderamento mediante a aprendizaxe informal e cotiá.
Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter