Proxectos

Actualmente Igaxes3 desenvolve proxectos dentro destas cinco áreas:

INFANCIA E XUVENTUDE
Especializámonos no traballo con menores e mozos en dificultade social: desde o programa Mentor apoiamos de modo integral aos mozos e mozas tutelados no seu camiño cara á vida independente; desde o Aleida intervimos para a prevención do conflito e o abandono escolares.
VOLUNTARIADO
Creamos iniciativas para dar o máximo apoio aos mozos e mozas tutelados no seu proceso cara á vida adulta. Por iso queremos contar coa participación doutras persoas para, desde a súa pequena esfera na sociedade, acompañalos no camiño de lograr unha vida o máis normalizada posible.
INCLUSIÓN SOCIAL
Favorecemos a incorporación social e laboral daquelas persoas e colectivos con máis dificultades para acceder a un posto de traballo. Con labores de orientación, formación, seguimento e apoio permanente queremos fortalecer as condicións de empregabilidade destas persoas.
RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL
Cooperamos co mundo da empresa a prol da integración laboral das persoas en dificultade social. Desde o programa Incorpora ofrecémoslle ao empresariado unha oportunidade dobre: a de contratar persoas motivadas e cualificadas e, ao tempo, desenvolver unha iniciativa de compromiso social.
FORMACIÓN E INVESTIGACIÓN
Queremos mellorar cada día a calidade do noso traballo a prol dos mozos sen apoio familiar. Por iso participamos en proxectos de referencia na investigación educativa con menores, e transferimos coñecemento desde o Máster en Intervención con Mozos en Dificultade Social (USC).
Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter