Oferta de emprego: terapeuta familiar

Posto de traballo: Terapeuta familiar.

Contrata: A L I A Terceiro Sector.

Titulación requirida: Psicoloxía. Especialidade clínica ou acreditación sanitaria.

Tipo de contrato proposto: Contrato por obra e servizo. 8 horas por semana, compatible con outros traballos.

Requisitos específicos debido ao tipo de contrato: 2 anos de experiencia en psicoterapia. Posgrao ou máster en intervención sistémica.

Data prevista de incorporación: Setembro/outubro de 2017.

Localidade de traballo: Santiago de Compostela.

Valorarase: Experiencia de traballo en equipo. Coñecemento da rede de servizos sociais de Santiago de Compostela. Experiencia de traballo en entidades non lucrativas.

Data límite de recepción de candidaturas: 31 de agosto de 2017.

Se estás interesada ou interesado, envía o teu CV a direccion.tecnica @ meninos.org.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter