Oferta de emprego: buscamos unha técnica ou técnico en captación de fondos (fundraising)

Descrición do posto
Únete á nos: precisamos unha técnica ou técnico para participar no plan de captación de fondos.

Igaxes3 é unha organización non lucrativa que traballa polo dereito á vida autónoma, libre e segura da infancia e a xuventude, defendendo a equidade educativa e a igualdade de oportunidades.

Funcións
· Participar na definición, implementación e avaliación do plan de captación de socios, fondos privados e grandes donantes.
· Participar na planificación de campañas específicas
· Fidelizar e maximizar as alianzas co sector privado.
· Prospección de empresas e socios
· Actualización CRM.
· Garantir o cumprimento de obxectivos cualitativos e cuantitativos.

Requisitos mínimos imprescindibles
· Persoa dinámica, proactiva, positiva e con apertura aos cambios
· Boa comunicadora
· Bilingüe castelán e galego
· Experiencia previa dun mínimo de 3 anos en postos relacionados con ventas, comercial, marketing, publicidade ou promocións de eventos.
· Certificado negativo do Rexistro de delincuentes sexuais
· Permiso de conducir vixente e vehículo propio

A valorar
· Coñecementos en marketing
· Coñecementos do paquete básico de Office e de manexo de CRM
· Valorarase positivamente experiencia previa en captación de fondos de empresas e/ou fundacións

Que ofrecemos
· Salario fixo
· Contrato mínimo de 1 ano a xornada completa con posibilidades de ampliación.
· Centro de traballo: Santiago de Compostela, será necesario desprazarse por toda a comunidade autónoma.
· Posibilidade de desenvolver un plan de carreira dentro do sector non lucrativo
· Data de incorporación estimada: setembro

Se estás interesada ou interesado, envía a manu.noya @ igaxes.org o teu CV e unha carta de motivación respondendo a estas dúas cuestións:

· Explícanos a experiencia en venda máis importante que tiveches na túa carreira profesional, dende a consecución do contacto ata o peche.
· Que é o que che resulta máis atractivo da oferta?

Data límite de recepción de candidaturas: 31 de agosto de 2017.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter