INCORPORA GALICIA

A incorporación ao mundo laboral de persoas con dificultades especiais para acceder ao mesmo non se pode entender como un acto concreto ou puntual, senón como un proceso personalizado que require actuacións previas, simultáneas e posteriores á contratación, a fin de garantir o éxito, tanto para a persoa como para a empresa.

O programa INCORPORA GALICIA ten como obxectivo facilitar este proceso potenciando de xeito directo a capacidade de inserción das organizacións sociais adheridas ao programa e contribuíndo á sensibilización e a procura de oportunidades de inserción de persoas en risco de exclusión social.

Os principais beneficiarios do programa son: persoas con discapacidades físicas, intelectuais, sensoriais, enfermos mentais, mozos con dificultades para acceder ao primeiro traballo, as persoas maiores de 45 anos sen experiencia laboral, os inmigrantes, os parados de longa duración e mulleres afectadas por situacións de violencia doméstica. En xeral as persoas en situación ou risco de exclusión social terán a través do programa INCORPORA de Integración Laboral, maiores posibilidades de acceder ao mundo do traballo como paso previo á súa integración social.

Obxectivos do programa INCORPORA

  • Xerar maiores oportunidades de emprego na empresa ordinaria a través da rede de insertores laborales creada en colaboración coas entidades sociais adheridas ao programa.
  • Ofrecer ás empresas e empresarios unha alternativa de Responsabilidade Social Corporativa en integración laboral.
  • Potenciar a profesionalización e a capacidade de inserción laboral do conxunto de entidades sociais adheridas ao programa, así como a formación profesional dos insertores.

Metodoloxía de traballo

Perséguese a creación dunha rede de inserción laboral en colaboración coas entidades sociais adheridas mediante convenios de colaboración asinados entre o grupo Incorpora e as empresas e/ou asociacións empresariais.

Entidades participantes

Incorpora Galicia está composto por Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (FEAFES), Fundación Érguete-Integración, Asociación para a Prevención da Exclusión Social (APES), COGAMI, Fundación JuanSoñador, Cruz Vermella de Ourense e de Lugo e mais Igaxes3, entidade coordinadora.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter