IGAXES3 selecciona persoal para os seus equipos educativos do Programa Mentor

OFERTA PECHADA. Teranse en conta as candidaturas recibidas ata o mércores 7 de decembro de 2016.


Buscamos profesionais que queiran traballar directamente cos mozos e mozas residentes en vivendas tuteladas do Programa Mentor. Persoas emocionalmente estables, con capacidade de negociación con adolescentes, fluidez verbal, capacidade para prever situacións, tomar decisións, predispostas para o traballo en equipo, que sexan perspicaces e adaptables ó cambio.

As principais funcións do traballo son:

  • Cumprir o proxecto educativo de centro.
  • Deseñar, implementar e avaliar o proxecto educativo individualizado con cada participante.
  • Xestionar a vivenda.
  • Cubrir os requisitos de documentación.

Para acceder a este posto precisas:

  • Estar en posesión dos estudos universitarios de Educación Social, Traballo Social, Psicoloxía, Psicopedagoxía ou similares.
  • Ter coñecementos informáticos a nivel de usuario do paquete Microsoft Office e Outlook.
  • Ter o carné de manipulador de alimentos e formación en primeiros auxilios.
  • Ter experiencia mínima de 6 meses en posto similar.
  • Imprescindible posuír o certificado de ausencia de delitos de natureza sexual

A incorporación faríase a partir do 2 de xaneiro. Aquelas persoas interesadas deberán enviar o currículo por correo electrónico – ata o 7 de decembro de 2016 – a recursos.humanos@igaxes.org acompañado dunha carta de motivación.*

*Só contactaremos cos candidatos preseleccionados
Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter