FAVORECER A CONVIVENCIA PARA PREVIR O ACOSO E O FRACASO ESCOLAR

Construír un bo clima na escola é facer por que todas as alumnas e alumnos se sintan a gusto dentro dela. A iniciativa Coñece a nosa cultura que o Programa Aleida desenvolve en centros de Santiago, Oroso, Ames e Poio dende 2009 consiste en que os alumnos de diferentes culturas compartan os costumes dos seus lugares de procedencia. No IES Milladoiro, este programa combínase con outro do propio centro, Titoría entre iguais , no que estudantes de terceiro de ESO exercen de titores dos seus compañeiros de primeiro curso para facilitar a súa integración no instituto. Ambos programas traballan pola convivencia. O director do Igaxes3, Carlos Rosón, e o director do IES Milladoiro, Víctor Santidrián, explicaron as dinámicas destes dous proxectos no programa Convivir en Igualdade de Radio Galega.

  • Radio Galega. Convivir en Igualdade (14 decembro 2016). Escoitar aquí
  • La Voz de Galicia (20 de decembro de 2016): “El IES Milladoiro muestra a los padres de alumnos cómo previene el acoso y el fracaso escolar“. Consultar en liña ou en pdf
Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter