EAPN

EAPN é unha agrupación de entidades para a incidencia no deseño de novas políticas e prácticas que contribúan á defensa dos intereses das persoas provocando cambios que optimicen a loita contra a pobreza e a exclusión social en Galicia.

Os seus obxectivos son:

  1. Facilitar os fluxos de información entre as organizacións do Terceiro Sector e contribuír á formación dos seus diversos axentes.
  2. Contribuír a analizar a realidade da pobreza e a exclusión social e reflexionar sobre as súas causas e sobre as propostas para a incidencia nestas, promovendo estudos e investigacións, así como xornadas, seminarios e foros de reflexión e análise.
  3. Incidir nas Políticas Sociais desenvolvidas en Galicia, dende o ámbito europeo e estatal ata o local, con especial incidencia nas políticas deseñadas e executadas pola Xunta de Galicia.
  4. Potenciar a transparencia e a mellora da xestión do sector, desenvolvendo unha estratexia de calidade e responsabilidade das organizacións, así como recompilando e transferindo as boas prácticas identificadas.
  5. Sensibilizar ao conxunto da sociedade e corresponsabilizar aos axentes crave (Administracións, Empresas) sobre a responsabilidade social corporativa.

Documentos

  1. Resolución sobre Participación Efectiva das entidades de acción social nos organos consultivos e de asesoramento
  2. Resolución sobre Cláusulas Sociais na contratación pública e Reserva dos Mercados Públicos
  3. Resolución sobre a posta en marcha da Rede Galega de Centros de Inclusión Social

Enlaces

EAPN Galicia

EAPN España

EAPN Europa

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter