Curso de restauración sostible

A entidade Igaxes3 desenvolveu no Centro Formativo de Luou (Luou, Teo), e nas instalacións da entidade en Santiago (Rua da Muíña) un curso de Construcción Sostible, nas que se formou ás persoas participantes en conceptos básicos relacionados coa construcción e coa sostenibilidade..

O curso desenvolveuse entre os dias 6 de outubro e o 30 de decembro, cunha duración de 200 horas, e participando nos distintos momentos un total de 23 persoas, das que remataron 11.

O perfil do grupo participante era maioritariamente feminino, cunha distribución de idade que abarcaba desde os 17 aos 64 anos, cun perfil formativo médio-baixo, e cunha importante presenza de persoas con minusvalías físicas .

Para a selección dos/as participantes contouse coa colaboración dos servicios sociais de vários concellos da comarca (Ames, Teo, UMAD, Vedra …), con distintas asociacións (Cáritas, Galicia Acolle, Asoc. Berenguela, …), e fíxose unha convocatória pública por médio de cartéis na zona onde se encontra o centro.

Neste curso dotouse aos participantes de coñecementos básicos de construcción e rehabilitación de edifícios, aplicando critérios de sostibilidade e reducción do impacto médioambiental da construcción, por médio de formación teórica e prñáctica, así como as súas capacidades relacionadas coa busca de emprego por médio de formación en técnicas de busca de emprego, habilidades sociais, igualdade home muller e novas tecnoloxías, continuándose ademais con eles e elas o traballo cara á súa inserción laboral por médio de titorías individualizadas.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter