Curso de agricultura básica de autoconsumo 2008

A entidade Igaxes3 desenvolveu no Centro Formativo de Luou (Luou, Teo), e nas instalacións da entidade en Santiago (Rua da Muíña) un curso de Agricultura Básica de Autoconsumo dirixido cara persoas en risco de exclusión social, financiado pola Consellería de Médio Rural e o FSE.

O curso desenvolveuse entre os dias 6 de outubro e o 17 de novembro, cunha duración de 100 horas, e participando nos distintos momentos un total de 21 persoas, das que remataron 14, e 7 foron baixa por distintos motivos (colocación durante o curso, imposibilidade de compatibilizar horários con vida familiar, ou baixa voluntária).

O perfil do grupo participante era maioritariamente feminino, cunha distribución de idade que abarcaba desde os 17 aos 64 anos, cun perfil formativo médio-baixo, e cunha importante presenza de persoas con minusvalías físicas .

Para a selección dos/as participantes contouse coa colaboración dos servicios sociais de vários concellos da comarca ( Ames, Teo, Vedra, UMAD …) , con distintas asociacións (Cáritas, Galicia Acolle, Asoc. Berenguela, …) e fíxose unha convocatória pública.

Neste curso dotouse aos participantes de coñecementos básicos que lles permitisen mellorar as súas explotacións agrárias, así como as súas capacidades relacionadas coa busca de emprego por médio de formación en técnicas de busca de emprego, habilidades sociais, igualdade home muller e novas tecnoloxías, continuándose ademais con eles e elas o traballo cara á súa inserción laboral por médio de titorías individualizadas.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter