Colabora

Colabora para axudar a un mozo en risco de exclusión

 

Coa axuda de persoas coma ti  podemos ofrecer máis protección e apoio a centos de adolescentes, mozas e mozos en situación vulnerable. Colabora para que cada vez máis persoas mozas poidan ter un futuro lonxe da exclusión.

 

Faite voluntario/a

Moitas mozas e mozos en situación vulnerable carecen do apoio e do afecto necesarios durante o seu camiño cara a vida adulta. Coa túa acción solidaria podes cambiar as súas vidas e axudarlles a avanzar con máis seguridade e confianza.

Súmate ao movemento polo dereito de toda a xuventude a unha vida libre e segura. Temos varias áreas de participación para que poidas escoller a da túa preferencia.

Quero ser voluntario/a

 
 

Se es empresa

Centos de mozos e mozas en risco de exclusión están a prepararse para a vida independente, e iso pasa por un futuro laboral. Colaborando con Igaxes3 como Empresa Solidaria non só contribuirás a crear oportunidades de futuro para mozos e mozas que o necesitan.

Tamén poderás crear unha cultura de empresa socialmente comprometida mediante plans de voluntariado corporativo. Ou facer unha aposta firme pola protección da mocidade vulnerable converténdote en empresa colaboradora.

Quero colaborar como empresa

 
 

Faite socio ou colaborador

Igaxes3 ofrece apoio e atención directa a máis de 1.000 persoas mozas cada ano. Pero aínda hai moitas máis rapazas e rapaces en situación de dificultade que necesitan dese apoio para saíren da exclusión social. O seu futuro depende diso.

Coa túa achega económica lograremos chegar a máis rapazas e rapaces. Podes colaborar de xeito puntual ou mediante unha aportación periódica. Saberás en todo momento a que irá destinada á túa axuda.

Contacta con Igaxes3

•   •   •   •   •   •   •   •   •   •   •   •   •   •   •   •   •   •   •   •   •   •   •   •   •   •   •   •   •   •   •

Tamén podes escribirnos vía formulario. Nós mesmos contactaremos contigo:


Acepto a política de privacidade

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter