ARRAIGO

ARRAIGO é unha parte integrada no proxecto xeral de Rede ARAÑA: mellorar a inserción sociolaboral dos colectivos con maiores dificultades, entendendo que as persoas inmigrantes entran dentro do colectivo de atención da nosa entidade.

Todo iso pasa por un proceso de formación que, conxuntamente coa nosa experiencia, irá encamiñado a mellorar a ocupabilidade, así como a motivación, información e formación cara á creación de empresas. Ante todo o que se pretende é acceder aos servizos integrais de conexión ao mercado laboral.

En definitiva trátase de facer partícipes aos usuarios do programa, na construción do seu propio futuro, facéndolles coñecer e participar nos diferentes niveis do proceso de inserción laboral, non como meros espectadores, senón como responsables do seu traballo.

Rede ARAÑA  leva a cabo servizos de promoción de emprego, que inclúen os seguintes servizos:

  • Diagnóstico ocupacional.
  • Información para o Emprego.
  • Orientación para o Emprego.
  • Asesoría para o Autoemprego.
  • Xestión da Colocación e Relacións con Empresas
Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter