Noticias

O CÍRCULO PECHADO DA EXCLUSIÓN: O PARO XUVENIL CASTIGA ESPECIALMENTE A MOCIDADE EN RISCO

Para moitas mozas e mozos en situación vulnerable, o risco de exclusión é un círculo pechado. Primeiro padeceron unha infancia chea de carencias e, a consecuencia diso, tiveron moitas dificultades para saír adiante na escola. Agora que deixaron de estudar, pelexan por acceder a un mercado laboral que non ten lugar para eles: o paro xuvenil segue a afectar de modo especial a mocidade con menor nivel de estudos. (máis…)

TRABALLOS QUE DAN VIDA: OS PREMIOS INCORPORA RECOÑECEN A CINCO EMPRESAS GALEGAS POLO SEU VALOR SOCIAL

3 marzo 2017 – Moitas persoas en situación vulnerable precisan unha oportunidade laboral para construír as súas vidas. Están formadas e preparadas para traballar: só necesitan que outras persoas aposten por elas. Os Premios Incorpora de Obra Social “la Caixa” volveron recoñecer as empresas galegas que no último ano apostaron polas persoas e por contribuír á construción dunha sociedade mellor. (máis…)

“MÍRANTE DISTINTO”: O ESTIGMA QUE PADECE A XUVENTUDE TUTELADA

Son adolescentes. Teñen gustos e ilusións, e tamén preocupacións. Están nunha etapa de cambios emocionantes que viven ás veces con temor e outras con alegría. Teñen desexos e soños de futuro. Como calquera persoa da súa idade. (máis…)

PROGRAMA MENTOR: OS GRANDES LOGROS DAS NOSAS MOZAS E MOZOS EN 2016

Santiago, 20 de xaneiro de 2017 – Aprender a ser adulto, atopar un traballo, buscar un lugar para vivir, asumir todas as responsabilidades da vida independente… E enfrontarse a todo iso carecendo dun colchón familiar no que deixarse caer se as cousas non saen como esperas. Así é o horizonte da emancipación para a meirande parte das mozas e mozos tutelados que acompañamos desde o Programa Mentor. Neste ano que vén de rematar foron un total de 534 rapazas e rapaces. (máis…)

A MELLORA DAS RELACIÓNS FAMILIARES COMO VÍA PARA PREVIR O FRACASO ESCOLAR

Santiago, 30 de novembro de 2016 – O éxito escolar comeza a cultivarse na casa e aséntase nun clima familiar positivo. Por iso o Programa de Competencia Familiar quere axudar ás familias con fillos e fillas adolescentes a mellorar a súa relación e a crear un clima familiar cada vez máis valioso e protector. Dez familias de Santiago e comarca con fillas e fillos de entre 12 e 16 anos están xa a participar da iniciativa, que vimos de poñer en marcha como unha liña máis do noso Programa Aleida para a promoción do éxito escolar. (máis…)

PERSOAS EX TUTELADAS DE TODO O MUNDO ELABORAN UN DECÁLOGO DE DEREITOS DA XUVENTUDE SEN APOIO FAMILIAR

Santiago, 7 de novembro de 2016 – Amaro Ceruelo e Blanca Jiménez (na foto, segundo e terceira pola esquerda) son hoxe adultos independentes e hai xa varios anos que abandonaron o sistema galego de protección de menores. Como ex participantes do noso Programa Mentor, eles foron os nosos embaixadores no Encontro Internacional de Xuventude (“Be the Change”) que se celebrou en Viena o pasado verán. O evento foi parte do 33º Congreso Internacional de FICE, a Federación Internacional de Comunidades Educativas, á que Igaxes3 pertence. (máis…)

‘JÓVENES E INCLUSIÓN’ INSTA A AMPLIAR ATA OS 25 ANOS A PROTECCIÓN Á MOCIDADE EX TUTELADA

Madrid, 20 de outubro de 2016 – En España hai uns 35.000 nenos, nenas, mozos e mozas tutelados que viven baixo o amparo do sistema de protección de menores. Un 46,9% destes mozos e mozas acceden á vida adulta nunha situación de precariedade, agravada pola falta de apoio familiar. A súa taxa de abandono escolar prematuro chega ó 75% nalgunhas comunidades autónomas, o que aumenta o seu risco de exclusión unha vez abandonan o sistema. (máis…)

ENTIDADES DE AZORES, BALEARES E GALICIA FUNDAN A REDE ATLANTIS PARA A PREVENCIÓN DO FRACASO ESCOLAR

Santiago, 12 de setembro de 2016 – O fracaso escolar está intimamente relacionado co risco de pobreza dos fogares. Non é só un problema educativo, senón tamén social e familiar. Por iso para combatelo cómpre unha acción coordinada entre todos os axentes implicados: a escola, os profesionais de acción social, os servizos sociais de base e, por suposto, as familias. (máis…)

ABERTO ATA O 9 DE SETEMBRO O PRAZO DE PREINSCRICIÓN NO VI MÁSTER EN EMANCIPACIÓN DE MOZOS EN CONFLITO SOCIAL

Santiago, 1 de setembro de 2016 – O programa de formación de especialistas que organizan a USC e Igaxes3 mantén aberto ata o 9 de setembro o seu prazo para solicitude de admisión. Logo de cinco edicións e de acadar unha taxa de inserción do 60%, o Máster inclúe novamente tres meses de prácticas en recursos residenciais e mantén a súa bolsa de emprego con sete contratos de traballo ao cabo do curso. (máis…)

INCORPORA GALICIA, UN ANO MÁIS CREANDO OPORTUNIDADES DE TRABALLO PARA PERSOAS EN DIFICULTADE SOCIAL

Santiago, 6 de xullo de 2016 – Incorpora é unha iniciativa de Obra Social “la Caixa” para favorecer a integración laboral das persoas con dificultades de acceso ao traballo. As oito entidades galegas de acción social que formamos o grupo Incorpora Galicia continuaremos traballando xuntas un ano máis, en virtude do convenio asinado onte en Santiago. No primeiro semestre do ano, o programa xa facilitou 251 postos de traballo grazas á colaboración de 191 empresas galegas. (máis…)

CLAUSURADA A V EDICIÓN DO MÁSTER EN EMANCIPACIÓN DE MOZOS EN CONFLITO SOCIAL

Santiago, 27 de maio de 2016 – A quinta promoción do Máster que coorganizan a USC e Igaxes3 recibiu onte os seus diplomas de especialista no acto de clausura celebrado no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia. Dela saen 25 novos especialistas, oito dos cales asinarán un contrato de traballo para se incorporaren aos equipos educativos do Programa Mentor. O mestrado cumpre cinco anos alcanzando unha taxa de inserción do 60%. (máis…)

[CONECTA-ALEIDA NO IES DE POIO] “FACENDO PIÑA DESDE O PRIMEIRO CURSO”

O noso programa Conecta-Aleida para a promoción do éxito escolar, que puxemos en marcha en 2009, está a aplicarse desde este curso no IES de Poio (Pontevedra). Alí estamos a desenvolver toda unha serie de actividades para mellorar a boa convivencia no instituto e a facer para que todas as alumnas e alumnos (especialmente os de primeiro curso) se sintan alí como na casa. (máis…)

A CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DA CORUÑA SÚMASE AO PROGRAMA INCORPORA PARA FACILITAR A CONTRATACIÓN DE PERSOAS EN DIFICULTADE

A Coruña, 14 de abril de 2016 – O presidente da Confederación de Empresarios da Coruña, Antonio Fontenla; o director territorial de “la Caixa” en Galicia, Marc Benhamou, e o director de Igaxes3, Carlos Rosón, en representación do Grupo Incorpora Galicia, firmaron hoxe un acordo que ten como obxectivo fomentar a integración laboral de persoas con especiais dificultades para acceder a un posto de traballo e promover accións de responsabilidade social empresarial no marco do programa Incorpora da Obra Social “la Caixa”. (máis…)

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter