Accesibilidade

Conformidade a estándares e accesibilidade desta web

A web de Igaxes3 procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais da web sexan independentes dos dispositivos físicos e dos navegadores web empregados para tal fin, codificados con estándares técnicos de uso libre e gratuíto, e accesibles para navegadores adaptados a persoas con algún tipo de limitación (sensorial, motora ou cognitiva).

O contido está en formato XHTML – unha linguaxe de composición de hipertexto, estándar aberto desenvolvido e recomendado polo W3C.

Os elementos que contén (imaxes, texto, estruturas, ligazóns) están escritos de xeito acorde ao nivel de prioridade A das Directrices de Accesibilidade para Contido Web do W3C.

Empréganse follas de estilo (CSS, outro estándar do W3C) para asignar os formatos de presentación e para distribuír nas páxinas os contidos e as ligazóns.

Recoméndase empregar as versións máis recentes de navegadores tales como Mozilla Firefox, Opera, Internet Explorer, Safari, etc.

En coherencia con estas pautas de accesibilidade, o deseño da web de Igaxés3 realizouse tendo en conta as recomendacións para o primeiro nivel de prioridade das directrices WAI (Web Accessibility Initiative) do W3C.

Se vostede atopa algunha dificultade para acceder ao contido ou para entendelo, por favor comuníquea por correo electrónico ao enderezo igaxes@igaxes.org.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter