Colabora como empresa

Faite empresa solidaria e axuda a un mozo en risco de exclusión

 

Centos de mozos e mozas en risco de exclusión están a prepararse para a vida independente, e iso pasa por un futuro laboral. Se es a persoa propietaria, socia ou traballadora dunha empresa, ti podes ser o seu punto de apoio.

Colaborando con Igaxes3 como Empresa Solidaria non só contribuirás a crear oportunidades de futuro para mozos e mozas que o necesitan. Tamén poderás crear unha cultura de empresa socialmente comprometida mediante plans de voluntariado corporativo. Ou facer unha aposta firme pola protección da mocidade vulnerable converténdote en empresa colaboradora. Todo o teu equipo traballará cada día sabendo que a súa compañía está a facer moito polo ben común.

Estas son as formas de colaboración que che propoñemos:

 

Para que un mozo ou moza en risco de exclusión consiga un traballo ten que haber unha empresa disposta a darlle unha oportunidade. Se esa empresa é a túa, non só estarás a contratar unha persoa cualificada, motivada e disposta a facerse valer no seu traballo. Estarás facendo posible que esa persoa poida rachar co círculo da exclusión e levar adiante o seu propio proxecto de vida.

 

Calquera persoa traballadora da túa empresa pode exercer como mentora laboral de mozas e mozos en risco de exclusión, mellorando as súas aptitudes e dándolles a oportunidade de familiarizarse co mundo do traballo ao que están próximos a acceder.

 

Únete a nós como aliado colectivo no noso proxecto a prol da xuventude en risco. Coa túa achega puntual ou periódica lograremos dar apoio a máis rapazas e rapaces durante o seu tránsito á vida independente.

 

Contacta con Igaxes3

•   •   •   •   •   •   •   •   •   •   •   •   •   •   •   •   •   •   •   •   •   •   •   •   •   •   •   •   •   •   •

Tamén podes escribirnos vía formulario. Nós mesmos contactaremos contigo:

Pagina 1 de 11