COMPOSTELA INTEGRA
O Equipo do Plan Galego de Inclusión Social, xunto con varias entidades de iniciativa social do municipio, propóñense como obxectivo promover unha rede comunitaria de apoio para combater a desigualdade a nivel social, establecendo mecanismos de cooperación entre todas as entidades implicadas directa ou indirectamente na loita contra a pobreza e a exclusión social. A finalidade que se pretende coa rede é a mellora dos servizos ofertados e a xeración dun innovador sistema de coordinación e desenvolvemento. Por outra banda, as entidades que traballan no ámbito local da cidade de compostela tamén apostan pola creación dun espazo común onde mellorar a comunicación e o intercambio de información.
Máis información: www.compostelaintegra.org



