Misión, Visión e Valores
MISIÓN
Somos unha organización non lucrativa, dende e para as persoas, de prestación de servizos no eido social que traballa especialmente a inclusión social de colectivos vulnerables a través dunha filosofía de traballo baseada nos conceptos de participación e empoderamento.
VISIÓN
Queremos ser unha organización profesionalizada, estable, dinámica, innovadora e integrada a nivel externo e interno cunha liña estratéxica coñecida e compartida baseada na planificación e avaliación continua e na xestión de calidade para chegarmos a ser un referente na atención ás persoas.
Desde esta visión sumámonos ás propostas de EAPN Europa en relación á Futura Estratexia UE 2020.
- Documento de traballo da Comisión. Consulta sobre a futura estratexia “UE 2020″ (castelán)
- Resposta de EAPN-ES á consulta sobre a futura estratexia “UE 2020” (castelán)
VALORES
Igaxes3 acolle como valores propios os principios chave da Iniciativa Comunitaria Equal:
Complementariedade: que pretende garantir que os proxectos que executamos incidan realmente en ámbitos de actuación non cubertos polas políticas xerais referidas aos mesmos.
Enfoque integrado: a partir dunha análise sobre as principais causas de discriminación presentes nun sector, débese presentar un conxunto de solucións susceptibles de ser aplicadas a unha pluralidade de destinatarios finais que, en todo caso, deben pertencer aos colectivos aos que as dificultades ou os problemas detectados afecten de xeito máis severo.
Concentración: as actuacións deben incidir sobre as situacións máis desfavorables de discriminación e desigualdade, en definitiva, concentraranse sobre aquelas persoas destinatarias ás que afectan de xeito máis intenso as situacións de discriminación e desigualdade.
Cooperación institucional e capacitación: require un modelo de traballo baseado na cooperación entre institucións de distinta natureza que, na medida das súas posibilidades, capacidades e intereses, acorden colaborar no desenvolvemento dos nosos proxectos.
Igualdade de oportunidades entre homes e mulleres: integrando a perspectiva de xénero en todas as fases e actuacións dun proxecto.
Innovación a través da cooperación nacional e transnacional: mediante a proposta de novos enfoques, o desenvolvemento de métodos e instrumentos novidosos ou a transferencia de elementos xa existentes noutros contextos territoriais, sectoriais ou institucionais que incrementen a eficacia das prácticas e recursos habituais das políticas xerais que inciden nos proxectos.
Cooperación transnacional: como parte substancial dos programas de traballo dos diferentes proxectos.
Capacidade de transferencia: ás políticas xerais dos novos métodos, ideas, solucións, en definitiva das mellores prácticas ensaiadas nos proxectos.
A estes valores e principios da Iniciativa Comunitaria Equal engadimos a calidade e a transparencia como máximas de actuación en todos os proxectos que a entidade emprende.



