FORMACIÓN E INVESTIGACIÓN
![]() |
Máster en Intervención e Emancipación de Mozos/as en Dificultade e Conflito Social Organizado pola USC e Igaxes3 e dirixido á formación de especialistas no traballo de autonomía e emancipación de mozos tutelados e residentes en recursos de autonomía; ex tutelados; en garda; con medidas xudiciais; e con problemas de absentismo escolar. |
![]() |
Rede de Investigación e Formación en Xuventude e Inclusión Social Xeramos coñecemento xunto a seis universidades e outras tantas entidades sociais para mellorar a calidade da intervención con mozos e mozas en dificultade social, tanto con menores en situación vulnerable como con adultos ex tutelados. |
![]() |
Estratexias Eficaces de Intervención Socioeducativa con Adolescentes e Mozos/as en Risco de Exclusión Social Avanzamos no coñecemento de modelos eficaces de intervención con adolescentes e mozos que se encontran, de forma máis acentuada por mor da crise socioeconómica, nun risco severo de exclusión social. |
![]() |
Vacinas sociais Proxecto de innovación social, inserido no programa Grundtvig da UE e destinado a desenvolver un sistema de formación para profesionais que traballan con persoas en dificultade social: trátase de xerar materiais orientados á promoción do empoderamento mediante a aprendizaxe informal e cotiá. |







