INFANCIA E XUVENTUDE
![]() |
PROGRAMA MENTOR Este programa integral está destinado aos mozos e mozas que se atopan na fase de saída do proceso de protección de menores iniciado pola Administración pública, e conta con recursos residenciais de autonomía e independencia. |
![]() |
CASA VALVERDE En Valverde de Allariz atópase a Casa Valverde para a Atención Sociolaboral de Mozos e Mozas, un edificio palaciano que consta dunha vivenda de autonomía e un complexo para a formación profesional do grupo residente. |
![]() |
PROGRAMA ALEIDA Traballamos desde os centros de ensino na prevención e intervención con menores en conflito social, cunha liña de especial atención á prevención de conflitos no ámbito educativo e de situacións que puideran derivar en abandono escolar. |






