FEPA
A Federación de Entidades con Proxectos e Pisos Asistidos (FEPA) constituíuse o 28 de decembro de 1999 co obxectivo de aglutinar os proxectos que en materia de atención a novos extutelados se leva a cabo no ámbito do Estado español.
Moitos dos mozos que chegan á maioría de idade non teñen a experiencia nin os recursos necesarios para vivir de forma totalmente autónoma.
Conscientes desta realidade queremos ofrecer recursos dirixidos a que os mozos poidan alcanzar a plena autonomía con máximas garantías de éxito.
Obxectivos de FEPA:
- A representación, defensa e promoción dos intereses educativos, sociais, económicos e culturais dos seus asociados.
- Servizos de soporte á atención primaria e especializada.
- Desenvolver as medidas en materia de atención a mozos extutelados establecidas por cada unha das administracións competentes das Comunidades Autónomas onde FEPA está presente.
Estes fins están dirixidos a poder desenvolver a atención personalizada e individualizada dos novos extutelados para que cada mozo poida chegar coas máximas garantías de éxito á súa completa autonomía persoal en todos os ámbitos.
Enlace: www.fepa18.org



