Proxectos

Desde o noso nacemento en 2001, no Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector levamos desenvolvido arredor de vinte proxectos de acción social nas áreas de infancia e xuventude, inmigración, inclusión social, muller e cooperación internacional, entre outras.

A día de hoxe somos unha organización especializada na atención e o apoio á independencia dos/as menores e mozos/as en dificultade social, cos cales intervimos desde os nosos proxectos Mentor e Aleida. Tamén desenvolvemos programas a prol da incorporación social e laboral das persoas migrantes, as persoas sen fogar e as mulleres en situación vulnerable.

Outro dos nosos eidos centrais de actividade é o da capacitación e a inserción laboral de persoas con dificultades de acceso ao emprego. A través de programas como Incorpora ou Punto de Encontro tratamos de mellorar as oportunidades de emprego daquelas persoas ou colectivos que o teñen un pouco máis complicado.

Ademais, desde 2011 somos entidade de acción voluntaria. Contamos actualmente con tres proxectos de voluntariado, todos eles destinados a crear unha rede de apoio cada vez maior para os mozos e mozas sen apoio familiar cos que traballamos día a día. Queremos contar con persoas dispostas a acompañar a estes rapaces no seu camiño cara á vida independente.

+ Saber máis

Pagina 1 de 11