Presentación

MISIÓN

Somos unha organización non lucrativa, dende e para as persoas, de prestación de servizos no eido social que traballa especialmente a inclusión social de colectivos vulnerables a través dunha filosofía de traballo baseada nos conceptos de participación e empoderamento.

VISIÓN

Queremos ser unha organización profesionalizada, estable, dinámica, innovadora e integrada a nivel externo e interno cunha liña estratéxica coñecida e compartida baseada na planificación e avaliación continua e na xestión de calidade para chegarmos a ser un referente na atención ás persoas.

Desde esta visión sumámonos ás propostas de EAPN Europa en relación á Futura Estratexia UE 2020.

VALORES

Igaxes3 acolle como valores propios os principios chave da Iniciativa Comunitaria Equal. A eles súmanse a Calidade e a Transparencia, máximas de actuación de Igaxes3 en todos os proxectos que a entidade emprende. Ler máis…

Pagina 1 de 0