INMAT

Servizo específico de información e atención ao colectivo de inmigrantes e emigrantes retornados do Concello de Negreira. A finalidade deste servizo é traballar dende unha perspectiva integral personalizada, establecendo os recursos necesarios para que as persoas beneficiarias desenvolvan os seus recursos internos, como os accesos aos recursos externos (servizos de emprego, formación, e de conciliación), coa meta de que se convirtan en cidadáns reais, é dicir, persoas con plenos dereitos, para a súa participación activa na sociedade.
Obxectivos do Servizo
- Atención a persoas inmigrantes e emigrantes retornadas, a través dun enfoque integral, no que a persoa se convirte en suxeito activo do desenvolvemento do seu proxecto de vida, tomando as súas propias decisións e xerando/accedendo aos recursos que o farán viable.
- Complementariedade cos servizos que o propio concello poida aportar e cos que se poda apoiar este traballo.
- Cooperación institucional coas entidades e asociacións vinculadas ao traballo coa poboación inmigrante e emigrante retornada.



