MENTOR15 (INICIATIVA EQUAL I)

O programa nace co fin de ofrecer un apoio aos mozos na rede de protección da Xunta de Galicia e que presentaban unha serie de características que dificultaban a súa integración nun proceso de inserción socio-laboral. Entre estas podemos enumerar: baixo nivel de escolarización, baixo nivel intelectual e/ou minusvalía psíquica, minusvalía física, fracaso reiterado na formación profesional ou ocupacional, fracaso reiterado no mantemento dun posto de traballo, rexeitamento dos recursos de apoio á independencia (Vivendas Tuteladas, etc.), mozos en conflito social (cumprindo unha medida xudicial,…); en definitiva, todos eles destacaban por posuír un alto risco social.

Era preciso realizar un traballo educativo previo, que abordase unha serie de comportamentos e aptitudes claves para o acceso aos recursos de emprego ou formación; por iso, o obxectivo do programa foi experimentar novas vías de integración socio- laboral para estes mozos, establecendo para iso uns itinerarios de intervención individualizados que ofrecían respostas ás súas necesidades.

Como obxectivos máis específicos estaban: ofrecer un soporte técnico e de orientación formativo- laboral específico (adaptado aos mozos con intelixencia límite e con problemas para o seguimento dos itinerarios normalizados), ofertar unha formación prelaboral por medio de pretalleres aos que podían acceder os mozos con dificultades para que unha vez consolidados uns comportamentos básicos puidesen acceder a unha formación ocupacional normalizada, promover o tránsito a unha vida independente por medio de axudas económicas de apoio ás iniciativas de independencia e autonomía; en definitiva, abordar de forma individual o proceso de preparación para o emprego e a vida independente.

POBOACIÓN ATENDIDA

Ao ser unha iniciativa cun marcado carácter experimental atendeu 127 mozos.

taboa
Gráfico1: Mozos atendidos por ano e delegación de procedencia

gráficoMEDIDAS. Un dos recursos máis característicos deste programa foi a posta en marcha dunha serie de pretalleres, por medio dos cales se formou aos mozos nunha serie de habilidades básicas; aceptación de normas, cumprimento de horarios, traballo en grupo, respeto, compromiso, etc. Estes talleres creáronse e puxéronse en marcha de acordo á distribución da poboación, contando ao final do programa cun total de 6 recursos formativos, polos que foron pasando un total de 107 mozos, principalmente rapaces -só 17 foron rapazas-. Os talleres creados foron: taller de encadernación no C. E. A Carballeira da cidade de Ourense -ao longo do programa foi utilizado por 14 rapaces e 5 rapazas-; taller de cerámica no C. E. Monteledo ao que acudiron 18 rapaces; taller de automoción no C. E. Montealegre cunha asistencia de 18 rapaces e 6 rapazas; taller de xardinaría no C. E. Montefiz con 18 rapaces e 6 rapazas de ocupación; no ano 2004 instálase dentro do C. E. Concepción Areal un taller de panadaría por o que pasaron 8 mozos; e nas proximidades de Santiago creouse un taller de horticultura e xardinaría, nunhas instalacións da entidade e que contou coa asistencia de 14 mozos.

Pagina 1 de 0