Actualidade
Emancipación e participación centrarán o III Intercambio de Profesionais de FEPA
Santiago, 1 de setembro de 2010 – Igaxes3 é a entidade organizadora da terceira edición das xornadas para educadores da Federación de Entidades con Proxectos e Pisos Asistidos (FEPA), que se celebrará en Santiago de Compostela os días 28 e 29 de outubro. Profesionais e entidades interesados poden inscribirse ata o 20 de setembro. (máis…)
IGAXES3 E OUTRAS TRES ENTIDADES GALEGAS RENOVAN O CONVENIO INCORPORA CON LA CAIXA
A Coruña, 22 de xullo de 2010 - O convenio Incorpora de Obra Social La Caixa, destinado á integración laboral de persoas en situación vulnerable, continuará desenvolvéndose en Galicia da man de catro organizacións sociais entre as que figura Igaxes3. (máis…)
EAPN INSTA AOS PODERES PÚBLICOS A NON REDUCIR RECURSOS NA LOITA CONTRA A POBREZA E A EXCLUSIÓN
Santiago, 3 de xullo de 2010 - O encontro promovido onte pola Rede Galega contra a Pobreza (EAPN Galicia) puxo de manifesto a ambigüidade da nova estratexia europea de loita contra a pobreza e a exclusión social. Os estados da Unión ratificaron o pasado 17 de xuño a nova estratexia Europa 2020. (máis…)
EAPN Galicia analizará nun encontro as novas políticas europeas contra a pobreza e a exclusión
Santiago, 22 de xuño de 2010 - Que medidas adoptará a Unión Europea para combater a pobreza e a exclusión social nos próximos anos? Como serán as súas políticas sociais tras o incumprimento da Estratexia de Lisboa? Que repercusións terán estas políticas na sociedade galega? A Rede Galega contra a Pobreza (EAPN Galicia), á que pertence Igaxes3, quere dar resposta a estas preguntas promovendo o seminario “A nova? estratexia Europa 2020”, que se celebrará en Santiago o 2 de xullo e xa ten aberto o seu prazo de inscrición. (máis…)
Ábrese o prazo de inscrición no III Intercambio de Profesionais de FEPA
Santiago, 9 de xuño de 2010 – Igaxes3 será a entidade responsable de organizar a terceira edición das xornadas para educadores da Federación de Entidades con Proxectos e Pisos Asistidos (FEPA), que se celebrará en Santiago de Compostela os días 28 e 29 do próximo mes de outubro. Os profesionais e entidades interesados en participar neste III Intercambio poden formalizar a súa inscrición desde agora e ata o 20 de xullo. (máis…)
Igaxes3 asina en Perú a acta de constitución da Rede Técnica GALA
Santiago, 27 de maio de 2010 - Un total de sete entidades sociais de Galicia e Perú, entre elas Igaxes3, entraron a formar parte oficialmente da Rede de Cooperación Técnica GALA, creando así un compromiso de colaboración e apoio permanente de cara a futuros proxectos no eido da cooperación internacional. (máis…)
Unha delegación de Igaxes3 viaxa a Perú para fornecer vías de colaboración no campo da cooperación
Santiago, 13 de maio de 2010 - Unha delegación da área de cooperación internacional de Igaxes3, encabezada polo presidente da entidade, Luís Barreiro, e o director da mesma, Carlos Rosón, iniciou onte unha estadía de seis días en Perú, destinada a manter unha serie de sesións de traballo con entidades contrapartes deste país e desenvolver novas vías de colaboración. Na xornada de mañá venres, a delegación reunirase en Lima coa Viceministra da Muller, Norma Añaños, e cos distintos representantes de Empresarios por la Educación, entidade patronal encargada de desenvolver proxectos de Responsabilidade Social Corporativa. (máis…)
O programa Aleida traballa pola integración da mocidade inmigrante en institutos de Santiago
Santiago, 7 de maio de 2010 - Fomentar o diálogo entre culturas para lograr unha integración real entre os máis mozos. Tal é o obxectivo que persegue o programa Aleida, desenvolvido por Igaxes3 en tres centros de ensino secundario da comarca de Santiago. A través da actividade ‘Coñece a nosa cultura’, distintos grupos de rapaces entre 13 e 16 anos achéganse á realidade cultural dos seus compañeiros inmigrantes. Os traballos resultantes expoñeranse nos seus respectivos centros ao remate das actividades. (máis…)
EAPN-Galicia achégalle un conxunto de propostas á secretaria xeral de Familia e Benestar
Santiago, 3 de maio de 2010 - Igaxes3 participou esta mañá na reunión que mantivo a Directiva da Rede Galega Contra a Pobreza (EAPN-Galicia) coa secretaria xeral de Familia e Benestar, Susana López Abella, para trasladarlle importantes preocupacións das entidades de acción social que traballan en Galicia. (máis…)
Igaxes3 participa na Asemblea Anual da patronal de entidades galegas de infancia e xuventude
Santiago, 30 de abril de 2010 - Igaxes3 participou esta mañá na Asemblea Anual de GAEFIX, a patronal galega que reúne a práctica totalidade de entidades sociais que traballan a prol da familia, a infancia e a xuventude. O encontro, celebrado na sede social de Igaxes3 en Santiago, analizou as novas necesidades derivadas da aplicación do novo Convenio Colectivo de Reforma Xuvenil e Protección de Menores. (máis…)
INCORPORA GALICIA PECHA UN CONVENIO COA UNIÓN DE HOSTELEIROS DE OURENSE
Ourense, 20 de abril de 2010 – O grupo Incorpora Galicia asinou esta mañá un convenio de colaboración coa Unión de Hosteleiros Ourensáns para favorecer a contratación de persoas con dificultades de acceso ao traballo. O director de Igaxes3, Carlos Rosón, representou o grupo Incorpora no acto celebrado esta mañá en Ourense. (máis…)
Presentouse no Parlamento o ‘Manifesto por unha Cidadanía Inclusiva’
Santiago, 15 de abril de 2010 – Unha delegación da Rede Galega Contra a Pobreza (EAPN-Galicia), da que forma parte Igaxes3, visitou esta mañá o Parlamento de Galicia para achegar as súas propostas sobre os dereitos de Igualdade e de Cidadanía á Presidenta do Parlamento e aos voceiros dos tres grupos parlamentarios galegos. (máis…)




