Redes

Igaxes3 considera esencial o traballo en rede como xeito de superar o illamento dentro dun sector que, polo seu obxecto e dedicación, debe ter como soportes de actuación, sen perder a especialización, a colaboración e a relación.

O traballo en rede no ámbito do Terceiro Sector xera sinerxías que integran elementos que, como resultado, obteñen un valor engadido á simple adición, potenciando a nosa lexitimidade e transformando a entidade nun elo dunha cadea de moitas. Coa suma das nosas experiencias, fortalezas e misións e obxectivos, os membros desta cadea obtemos máis e mellor información para conseguir máis e mellores solucións para as persoas en situación ou risco de pobreza e/ou exclusión social.

O traballo en rede permite a permanencia e a flexibilidade, o aproveitamento dos recursos existentes e a creación e adaptación doutros e, sobre todo, permite a coordinación, pero sen xerarquización, sen uniformidade ou paralización.

Pagina 1 de 0