O círculo pechado da exclusión: o paro xuvenil castiga especialmente a mocidade en risco

O círculo pechado da exclusión: o paro xuvenil castiga especialmente a xuventude en riesgo

Para moitas mozas e mozos en situación vulnerable, o risco de exclusión é un círculo pechado. Primeiro padeceron unha infancia chea de carencias e, a consecuencia diso, tiveron moitas dificultades para saír adiante na escola. Agora que deixaron de estudar, pelexan por acceder a un mercado laboral que non ten lugar para eles: o paro xuvenil segue a afectar de modo especial a mocidade con menor nivel de estudos.

• • • • • • • • • • • • • •

Catalina conseguiu que alguén lle dese unha oportunidade. Despois de medrar en centros de protección de menores, logrou emanciparse cun traballo. Para ela, como para calquera mozo en situación vulnerable, atopar emprego é un paso imprescindible para construír a súa vida independente ao cumprir a maioría de idade.

O círculo pechado da exclusión: o paro xuvenil castiga especialmente a xuventude en risco

 
Hoxe Catalina está a poñer todo o esforzo en manter o seu traballo. Pero o seu caso non é o máis habitual: a maioría dos mozos e mozas como ela non logran acceder ao mercado laboral.

Son precisamente aquelas mozas e mozos que partiron dunha situación de desvantaxe (familias con falta de recursos, desprotección ou desamparo, conflito social dalgún tipo…) quen o teñen máis difícil para atopar traballo e así rachar co círculo pechado da exclusión.

A crise económica afectou principalmente a xuventude entre 16 e 29 anos. O seu risco de pobreza non deixou de medrar cada ano e agora está no 38,2% (taxa AROPE). Aqueles rapaces que se viron máis afectados son os que teñen un nivel educativo máis baixo: a súa taxa de emprego caeu entre 20 e 30 puntos desde 2008. É o caso da gran maioría de mozos e mozas en risco de exclusión.

 
Xuventude en risco: dobremente excluída

Tamén crece a desigualdade social entre a xuventude. Aínda que se volve a xerar emprego xuvenil (a taxa de paro en menores de 25 años baixou 3 puntos ata o 42,9% en 2016), esta mellora deixa fóra a quen sempre o tiveron máis difícil, o que supón unha dobre exclusión.

 
>> Pobreza e fracaso escolar van da man

Hai unha relación directa entre a pobreza das familias e o fracaso escolar. Segundo o informe PISA de 2015, o alumnado de familias desfavorecidas acumula un retraso en lectura, ciencia e matemáticas equivalente a dous cursos escolares.

O estrés familiar, a falta dun clima protector na casa e outras consecuencias das dificultades económicas poden acrecentar a perda de motivación escolar e de expectativas de mellora. De aquí ao abandono escolar prematuro só hai un paso.

O abandono escolar é a antesala da exclusión social. Se estes mozos xa partían dunha forte desvantaxe, a interrupción dos estudos pode facer que esta se faga enorme cando queiran acceder a un mercado laboral que xa non ten sitio para eles.

• • • • • • • • • • • • • •

Que podes facer ti?

Coa túa axuda podemos facer que máis mozos e mozas en risco logren rachar o círculo da exclusión. Descubre como.

Quero axudar