Igaxes3

Emancipación e participación centrarán o III Intercambio de Profesionais de FEPA
Santiago, 1 de setembro de 2010 – Igaxes3 é a entidade organizadora da terceira edición das xornadas para educadores da Federación de Entidades con Proxectos e Pisos Asistidos (FEPA), que se celebrará en Santiago de Compostela os días 28 e 29 de outubro. Profesionais e entidades interesados poden inscribirse ata o 20 de setembro.

Constituída en 1999, FEPA reúne máis de 40 organizacións sociais que desenvolven proxectos de atención a mozos e mozas tutelados e ex tutelados a partir de 16 anos. Como entidade directiva da Federación, o Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector (Igaxes3) é organizador das xornadas que se celebrarán no Seminario Maior de Santiago de Compostela.

Esta terceira edición do Intercambio xirará en torno ás nocións de participación e emancipación dos mozos e mozas tutelados. Os profesionais participantes articularanse en catro grupos de traballo, que discutirán en paralelo sobre “O xogo da emancipación”. A xornada inaugural (xoves 28 de outubro) acollerá tres conferencias marco, a cargo de Lluís Ballester, profesor da Universitat de les Illes Balears; Luís Barreiro, presidente de Igaxes3; e Marta Colomer, consultora social especializada en cuestións de autonomía.

Participación aberta aos mozos e mozas tutelados

Outro dos obxectivos deste encontro é crear debate sobre o grao de participación dos mozos e mozas nos seus propios procesos de capacitación e autonomía. Para iso, na segunda xornada contémplase un panel de experiencias no que os propios mozos tutelados e ex tutelados poderán compartir a súa realidade diaria no seo das vivendas e as súas traxectorias persoais no camiño cara á inclusión social.

Nese mesmo panel, o Colectivo Circes presentará as súas experiencias como promotor de obradoiros de vídeo participativo. Tamén falará de participación Isabel Lopes, coordinadora de Humanus CAM, unha iniciativa radicada en Lisboa que traballa coa mocidade en situación de desvantaxe, embarazo precoz ou con fillos a cargo.

Formalización de inscricións

Profesionais da educación e entidades sociais de Galicia poden solicitar xa a súa participación no encontro, enviando a Igaxes3 o cupón de inscrición xunto co xustificante de pagamento das taxas. O envío pode realizarse vía fax ao 981 561 142, ou vía correo electrónico a documentacion@igaxes.org. O prazo límite é o 20 de setembro.

Cupón de inscrición e programa completo do III Intercambio de Profesionais de FEPA

http://www.igaxes.org/wp-content/uploads/2010/06/intercambio_fepa05.jpg

IGAXES3 E OUTRAS TRES ENTIDADES GALEGAS RENOVAN O CONVENIO INCORPORA CON LA CAIXA
A Coruña, 22 de xullo de 2010 - O convenio Incorpora de Obra Social La Caixa, destinado á integración laboral de persoas en situación vulnerable, continuará desenvolvéndose en Galicia da man de catro organizacións sociais entre as que figura Igaxes3.

O responsable de Inserción Laboral de Obra Social La Caixa e coordinador xeral de Incorpora, Jaume Ferré, asinou na Coruña a renovación do convenio cos representantes das catro entidades responsables de desenvolver o programa en Galicia: Paideia Galiza, en calidade de coordinadora, Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (FEAFES), Fundación Érguete-Integración e mais Igaxes3, representado no acto polo seu presidente, Luís Barreiro.

Ademais dos representantes directivos das distintas entidades, o acto de sinatura reuniu a todo o equipo de técnicos de inserción laboral, figuras clave do programa Incorpora en Galicia. Destes nove profesionais depende o éxito tanto da persoa contratada como da empresa contratante.

A inserción de cada persoa no mercado laboral constitúe un proceso personalizado que inclúe actuacións simultáneas e posteriores á contratación. Entre as tarefas que realiza o técnico de inserción destacan a prospección de empresas, o seguimento do proceso de formación do beneficiario, o acompañamento laboral das persoas inseridas, a solución de posibles conflitos na relación laboral e o fomento da adhesión de novas empresas ao programa.

Obxectivos de Incorpora Galicia

Incorpora Galicia quere potenciar de xeito directo a capacidade de inserción das organizacións sociais que a integran. Para iso, a iniciativa quere contribuír á sensibilización social e á creación de oportunidades de traballo para persoas con dificultades de inserción.

Os principais beneficiarios do programa son: persoas con discapacidades físicas, intelectuais, sensoriais, enfermos mentais, mozos con dificultades para acceder ao primeiro traballo, maiores de 45 anos sen experiencia laboral, persoas inmigrantes, parados de longa duración e mulleres afectadas por situacións de violencia doméstica.

Catro anos despois da súa posta en marcha, o grupo Incorpora Galicia leva logradas 512 insercións de persoas en risco ou situación de exclusión social. Destas insercións, 121 corresponden a persoas inmigrantes; 110, a persoas con discapacidade; e 248, a mozos con dificultades especiais para atopar traballo. Neste período, máis de trescentas empresas galegas contrataron algunha persoa laboralmente fráxil.

EAPN GALICIA CELEBRA O SEMINARIO ‘A NOVA? ESTRATEXIA EUROPA 2020′
Entrevista realizada ao presidente de EAPN Galicia, Santiago González Avión, no programa Convivir en igualdade da Radio Galega (01 de xullo de 2010). Fragmento: 04’13’’ a 20’44’’. Escoitar aquí

Cobertura do seminario no Telexornal Mediodía de Televisión de Galicia (2 de xullo de 2010). Ver vídeo

Informacións publicadas en Xornal de Galicia, Galicia Hoxe, El Correo Gallego e a web da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO). Consultar en pdf

EAPN INSTA AOS PODERES PÚBLICOS A NON REDUCIR RECURSOS NA LOITA CONTRA A POBREZA E A EXCLUSIÓN
Santiago, 3 de xullo de 2010 - O encontro promovido onte pola Rede Galega contra a Pobreza (EAPN Galicia) puxo de manifesto a ambigüidade da nova estratexia europea de loita contra a pobreza e a exclusión social.

Os estados da Unión ratificaron o pasado 17 de xuño a nova estratexia Europa 2020, sometida onte a debate en Santiago por iniciativa da Rede Galega contra a Pobreza (EAPN Galicia), na que está integrada Igaxes3 xunto con outras trece entidades galegas da acción social. Neste evento, EAPN Galicia alertou da necesidade de que os estados membros materialicen os obxectivos europeos en políticas eficaces de loita contra a pobreza e a exclusión social.

O actual contexto de crise global ameaza con acentuar as desigualdades sociais e compromete a eficacia das políticas públicas de loita contra a pobreza e a prol do emprego. Como afirmou o presidente de EAPN España, Carlos Susías, a estratexia Europa 2020 está excesivamente centrada en combater o desemprego, descoidando outras importantes políticas activas de inclusión.

“O emprego é fundamental para o logro deste obxectivo, pero precisa ir acompañado doutras políticas de protección social e de garantía de rendas mínimas”, afirmou o presidente de EAPN‐Es.

Neste senso, EAPN considera que o crecemento económico non é en si mesmo garantía de cohesión social. Un dos riscos da actual estratexia Europa 2020 é que insiste nesta idea, que xa propiciara o fracaso da anterior Estratexia de Lisboa. Para Susías, as políticas europeas dos últimos dez anos fracasaron incluso durante a etapa de crecemento económico. A chegada da crise acentuou a falta de recursos, pero “comprobamos que si había vontade para salvar os bancos”. Estes recursos, continuou, “acabáronse xusto cando dixemos que tamén había que salvar ás persoas”. En época de crise, as políticas sociais non poden verse minguadas.

Democracia participativa

Para EAPN, as entidades de acción social deben estar presentes non só nos enclaves relativos á inclusión social, senón tamén naqueles onde se definen políticas de desenvolvemento económico. Carlos Susías afirmou que “todos os membros da sociedade civil temos capacidade para influír nas políticas contra a pobreza”, por iso as administracións teñen a obriga de facilitar as canles de participación.

Tras a inauguración por parte da Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato Otero, o membro do Grupo de Emprego de EAPN Europa, Bernart Baltza, e mais o coordinador de emprego da Comisión Europea, Esteban Lozano, debullaron pasado e futuro das políticas europeas de loita contra a pobreza.

Grupos de participación

A sesión de tarde acolleu unha mesa redonda que reuniu a secretaria xeral de Familia e Benestar, Susana López Abella; o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, Carlos Fernández; e mais o presidente de EAPN Galicia, Santiago González Avión. Este diálogo entre administracións e entidades sociais quere analizar a maneira en que afectarán e se aplicarán en Galicia as novas políticas da Europa 2020.

Por último, as persoas participantes no seminario integraron distintos grupos de traballo nos que se abordou a seguinte cuestión: “Inclusión activa: como empoderamos os nosos participantes para seren competitivos no mercado de traballo?”. Medio cento de participantes de organizacións sociais elaboraron nestas sesións un documento de conclusións que formará parte do informe que EAPN Galicia entregará en datas vindeiras á representación política galega e local.

EAPN Galicia analizará nun encontro as novas políticas europeas contra a pobreza e a exclusión
Santiago, 22 de xuño de 2010 - Que medidas adoptará a Unión Europea para combater a pobreza e a exclusión social nos próximos anos? Como serán as súas políticas sociais tras o incumprimento da Estratexia de Lisboa? Que repercusións terán estas políticas na sociedade galega? A Rede Galega contra a Pobreza (EAPN Galicia), á que pertence Igaxes3, quere dar resposta a estas preguntas promovendo o seminario “A nova? estratexia Europa 2020”, que se celebrará en Santiago o 2 de xullo e xa ten aberto o seu prazo de inscrición.

O actual contexto de crise global ameaza con acentuar as desigualdades sociais e compromete a eficacia das políticas públicas de loita contra a pobreza. Neste novo escenario, os estados da Unión veñen de definir a súa nova estratexia social para a próxima década, a chamada Europa 2020.

Para coñecer e interpretar mellor os contidos desta nova estratexia, a Rede Galega Contra a Pobreza (EAPN Galicia) organiza o seminario “A nova? estratexia Europa 2020: a política europea de loita contra a pobreza e a exclusión social”, que se celebrará o venres 2 de xullo na Facultade de Ciencias Políticas da USC.

Con accións coma esta, Igaxes3 e as outras trece entidades sociais integradas en EAPN Galicia queren xerar debate encol das accións que demanda a loita contra a pobreza e a exclusión, promovendo a toma de conciencia por parte das administracións, organizacións sociais e sociedade en xeral.

Conferencias e grupos de traballo

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, será a responsable de inaugurar a xornada ás 9.30 horas. O apartado de intervencións abrirase con Bernart Baltza, responsable da Asociación Agintza e membro do Grupo de Emprego de EAPN Europa, quen pronunciará a conferencia titulada “A Estratexia de Lisboa, un fracaso?”. Canda el falarán tamén o presidente de EAPN España, Carlos Susías, e o Coordinador de Políticas da Estratexia de Emprego da Comisión Europea, Esteban Lozano. Ambos os dous analizarán a estratexia Europa 2020 desde os seus distintos enfoques.

Na sesión de tarde celebrarase unha mesa redonda na que participarán a secretaria xeral de Familia e Benestar, Susana López Abella; o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, Carlos Fernández; e mais o presidente de EAPN Galicia, Santiago González Avión. A continuación terán lugar os grupos de traballo, onde as persoas inscritas abordarán a seguinte cuestión: “Inclusión activa: como empoderamos os nosos participantes para seren competitivos no mercado de traballo?”.

Formalización de inscricións

O encontro está dirixido en especial a persoas voluntarias, persoal especializado e técnicos das organizacións sociais galegas, así como a responsables políticos e técnicos da Xunta de Galicia e das administracións locais. As inscricións poden formalizarse de xeito gratuíto enviando un correo electrónico a formacion.eapngalicia@gmail.com, non máis tarde do vindeiro martes 29 de xuño.

Programa do seminario na páxina web de EAPN Galicia

Ábrese o prazo de inscrición no III Intercambio de Profesionais de FEPA
Santiago, 9 de xuño de 2010 – Igaxes3 será a entidade responsable de organizar a terceira edición das xornadas para educadores da Federación de Entidades con Proxectos e Pisos Asistidos (FEPA), que se celebrará en Santiago de Compostela os días 28 e 29 do próximo mes de outubro. Os profesionais e entidades interesados en participar neste III Intercambio poden formalizar a súa inscrición desde agora e ata o 20 de xullo.

Emancipación e participación serán os dous conceptos arredor dos que xirará o III Intercambio de Profesionais de FEPA, que se celebrará entre o xoves 28 e o venres 29 de outubro no Seminario Maior de Santiago de Compostela. O Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector (Igaxes3) é organizador do evento, en tanto que entidade membro da Xunta Directiva da Federación de Entidades con Proxectos e Pisos Asistidos.

Constituída en 1999, FEPA reúne máis de 40 organizacións sociais que desenvolven proxectos de atención a mozos e mozas tutelados e ex tutelados a partir de 16 anos. Nesta terceira edición das xornadas, os profesionais participantes articularanse en catro grupos de traballo, que discutirán por separado sobre “O xogo da emancipación” e, a continuación, farán unha posta en común das conclusións.

Os grupos xuntaranse na sesión de tarde da xornada inaugural (xoves 28 de outubro), que previamente acollerá tres conferencias marco. A primeira das conferencias corresponderá a Lluís Ballester, profesor da Universitat de les Illes Balears, que falará sobre os retos de futuro no relativo á emancipación da mocidade inmigrante.

Pola súa banda, o presidente de Igaxes3, Luís Barreiro, falará a continuación sobre “O Terceiro Sector: as características que nos fan diferentes?”. E pola tarde, como marco previo aos grupos de traballo, a consultora social Marta Colomer disertará sobre os “Indicadores do Proxecto de Modelo Marco de Pisos de Autonomía”.

Participación aberta aos mozos e mozas tutelados

Outro dos obxectivos deste encontro é crear debate sobre o grao de participación dos mozos e mozas nos seus propios procesos de capacitación e autonomía. Para iso, na segunda xornada contémplase un panel de experiencias no que os propios mozos tutelados e ex tutelados poderán compartir a súa realidade diaria no seo das vivendas e as súas traxectorias persoais no camiño cara á inclusión social.

Nese mesmo panel, o Colectivo Circes presentará as súas experiencias como promotor de obradoiros de vídeo participativo. Nestes obradoiros, o colectivo mantén unha premisa clave: darlle a mesma importancia aos procesos de traballo e participación das persoas que á propia peza audiovisual resultante.

A intervención que enmarcará este panel irá da conta de Isabel Lopes, coordinadora de Humanus CAM, unha iniciativa radicada en Lisboa que traballa coa mocidade en situación de desvantaxe, embarazo precoz ou con fillos a cargo. “A participación como reto” será o título da súa conferencia.

Formalización de inscricións

Profesionais da educación e entidades sociais poden solicitar xa a súa participación no encontro, enviando a Igaxes3 o cupón de inscrición xunto co xustificante de pagamento das taxas. O envío pode realizarse vía fax ao 981 561 142, ou vía correo electrónico a documentacion@igaxes.org. O prazo límite é o 20 de xullo.

Cupón de inscrición e programa completo do III Intercambio de Profesionais de FEPA

‘COÑECE A NOSA CULTURA’: UNHA INICIATIVA DO PROGRAMA ALEIDA
Reportaxe publicada en Xornal de Galicia: Os inmigrantes intégranse coa súa propia cultura (1 de xuño de 2010). Consultar en pdf ou ler en Xornal.com.

Información divulgada por La Voz de Galicia, edición Santiago: El programa Aleida de integración intercultural culmina en Santiago y Ames con éxito de participación (1 de xuño de 2010). Consultar en pdf ou ler en Lavoz.es.

Igaxes3 asina en Perú a acta de constitución da Rede Técnica GALA
Santiago, 27 de maio de 2010 - Un total de sete entidades sociais de Galicia e Perú, entre elas Igaxes3, entraron a formar parte oficialmente da Rede de Cooperación Técnica GALA, creando así un compromiso de colaboración e apoio permanente de cara a futuros proxectos no eido da cooperación internacional.

A sinatura da acta de constitución da rede celebrouse en Lima durante a estadía da delegación directiva de Igaxes3 no país andino, que vén de rematar. Nesta viaxe acompañaron a Igaxes3 representantes da Federación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) e Asociación Galega de Hemofilia, as outras organizacións galegas que, xunto a Fundación Érguete Integración, integran agora a rede GALA. Da outra banda, Yancana Huasy, CANAT e Asociación Peruana de Hemofilia son as entidades do país andino que pecharon o acordo.

A rede GALA afírmase agora como un espazo para aunar experiencia e construír proxectos comúns no campo da cooperación, traballando en paralelo desde Galicia e Perú e mantendo en todo momento un vínculo de relación entre Europa e Latinoamérica.

Coa constitución da rede culminan as tarefas que Igaxes3 e os seus socios galegos iniciaron o pasado setembro, destinadas a identificar aquelas entidades peruanas afíns en termos de actuación, obxectivos e metodoloxía. Tras a compilación de información definíronse as contrapartes en Perú de cada unha das entidades galegas, con vistas á sinatura definitiva do acordo.

Organizacións peruanas

A contraparte específica de Igaxes3 é o Centro de Apoyo a Niños/as y Adolescentes Trabajadores/as (CANAT). Situada na localidade de Piura, no norte de Perú, esta entidade traballa desde 1995 pola formación integral para o desenvolvemento persoal e profesional de adolescentes traballadores en áreas urbanas marxinais, que carecen de formación superior ou que abandonaron os estudos por falta de recursos económicos.

A Asociación de Apoyo y Promoción del Excepcional Yancana Huasy, contraparte natural de COGAMI, está localizada no distrito limeño de San Juan de Lurigancho e traballa a prol da inclusión e desenvolvemento das persoas con discapacidade. A Asociación Peruana de Hemofilia é contraparte da súa homóloga galega e atende as necesidades dos colectivos afectados pola enfermidade no territorio peruano.

Asemade, a rede GALA ten previsto o ingreso a curto prazo doutras tres organizacións. Trátase do Centro de Información y Educación para la Prevención del Abuso de Drogas (CEDRO) -contraparte nos últimos meses de Fundación Érguete-; Asociación Chira, que traballa na conca do río do mesmo nome, proporcionando á poboación da zona unha educación técnica adaptada á súa realidade produtiva; e Servicios Educativos El Agustino, que desde 1978 centra o seu traballo na capacitación e inclusión social da mocidade desfavorecida do seu contorno en Lima.

Unha delegación de Igaxes3 viaxa a Perú para fornecer vías de colaboración no campo da cooperación
Santiago, 13 de maio de 2010 - Unha delegación da área de cooperación internacional de Igaxes3, encabezada polo presidente da entidade, Luís Barreiro, e o director da mesma, Carlos Rosón, iniciou onte unha estadía de seis días en Perú, destinada a manter unha serie de sesións de traballo con entidades contrapartes deste país e desenvolver novas vías de colaboración. Na xornada de mañá venres, a delegación reunirase en Lima coa Viceministra da Muller, Norma Añaños, e cos distintos representantes de Empresarios por la Educación, entidade patronal encargada de desenvolver proxectos de Responsabilidade Social Corporativa.

Na viaxe iniciada onte, a delegación de Igaxes3 está acompañada por membros de COGAMI, Asociación Galega de Hemofilia e Érguete Integración, as outras tres organizacións galegas que forman parte da Rede de Cooperación Técnica GALA. Esta rede concíbese como un espazo cuxas organizacións comparten experiencia e constrúen proxectos comúns no campo da cooperación, traballando en paralelo desde Galicia e Perú e mantendo en todo momento un vínculo de relación entre Europa e Latinoamérica.

Un dos obxectivos principais da viaxe é a de establecer sesións de traballo directo coas entidades peruanas que forman parte de GALA. Durante a xornada de hoxe, Igaxes3 reuniuse en Lima cos representantes de Centro de Información y Educación para la Prevención del Abuso de Drogas (CEDRO), unha das entidades contraparte dentro da rede. A contraparte específica de Igaxes3 é o Centro de Apoyo a Niños/as y Adolescentes Trabajadores/as (CANAT), con quen se traballa no terreo específico dos mozos e mozas en risco de exclusión social. Na xornada do sábado, a delegación de Igaxes3 desprazarase á localidade de Piura, no norte do país, para render visita ao Centro e manter unha sesión de traballo e intercambio de experiencias para afianzar a continuidade e fluidez dos actuais vínculos de colaboración.

Encontro coa Viceministra da Muller

Na xornada de mañá venres, a representación de Igaxes3 visitará a sede do Ministerio da Muller e Desenvolvemento Social en Lima para manter unha reunión operativa coa Viceministra da Muller, Norma Añaños, e o seu gabinete da área do menor. Igaxes3 comparece a esta xuntanza como entidade experta no acompañamento e a capacitación de mozos tutelados e extutelados, con vistas a establecer liñas sostidas de asesoramento e colaboración co Goberno peruano no deseño de políticas públicas, en concreto aquelas relacionadas coa inclusión social de mozos e menores en situación de vulnerabilidade.

Durante a sesión vespertina, Igaxes3 e as organizacións galegas restantes compartirán un xantar con Empresarios por la Educación, organización que nace da Confederación Nacional de Instituciones Empresariales Privadas (CONFIEP) para desenvolver políticas de Responsabilidade Social Corporativa no relativo ao acceso á educación e á calidade da mesma dentro de todo o territorio peruano.

A estadía de Igaxes3 en Perú prolongarase ata o vindeiro luns, 17 de maio. Nesta xornada final, a delegación compartirá xantar co embaixador español en Perú, Javier Sandomingo. Ata entón, a representación de Igaxes3 desenvolverá un programa de visitas orientado á aprendizaxe profesional e o intercambio de experiencias. Estas visitas terán por destino as sedes e zonas de intervención de diversas organizacións sociais de Lima e de Piura que acumulan unha longa traxectoria no traballo con menores en risco de exclusión.

O programa Aleida traballa pola integración da mocidade inmigrante en institutos de Santiago
Santiago, 7 de maio de 2010 - Fomentar o diálogo entre culturas para lograr unha integración real entre os máis mozos. Tal é o obxectivo que persegue o programa Aleida, desenvolvido por Igaxes3 en tres centros de ensino secundario da comarca de Santiago. A través da actividade ‘Coñece a nosa cultura’, distintos grupos de rapaces entre 13 e 16 anos achéganse á realidade cultural dos seus compañeiros inmigrantes. Os traballos resultantes expoñeranse nos seus respectivos centros ao remate das actividades.

Na actividade participan un total de dez cursos entre 1º e 3º de ESO, correspondentes ao IES de Ames en Bertamiráns e os IES Eduardo Pondal e Antón Fraguas de Santiago de Compostela. En todos os casos se respecta o mesmo esquema: cada un dos alumnos estranxeiros de cada curso é protagonista do seu propio grupo de traballo.

No seo de cada grupo, os rapaces traballan sobre a cultura de procedencia do seu compañeiro ou compañeira: xeografía, lingua, tradicións, gastronomía, música, contos populares, etc. Ademais de recorrer ás fontes documentais convencionais, as pescudas implican tamén ás familias do alumnado inmigrante, quen están a trasladar ás aulas as súas propias achegas.

Mosaico cultural

Os distintos traballos compoñen un mosaico cultural no que converxen unha ducia de países. Ademais, por motivos de excepcionalidade cultural, algúns grupos de traballo asomáronse á realidade do colectivo xitano. A actividade abrangue cinco sesións e rematará cunha sesión final de reflexión, na que o alumnado inmigrante está chamado a compartir na aula as súas propias experiencias sobre o seu proceso de integración nunha cidade e unha cultura distintas.

As exposicións dos traballos nos seus respectivos centros permitirán que todo o alumnado teña acceso ás distintas culturas implicadas, intercambiando testemuños e dedicando unha mirada máis ampla á realidade de orixe dos seus compañeiros e compañeiras estranxeiros.

Próximas intervencións

Ao remate da iniciativa ‘Coñece a nosa cultura’, o equipo técnico de Igaxes3 que conduce o programa Aleida ocuparase de desenvolver distintos obradoiros nos centros mencionados. En función das necesidades observadas polos propios titores, impartiranse uns módulos ou outros. As liñas xerais de traballo han xirar en torno á igualdade, a sexualidade e a resolución de conflitos.

Ademais, o programa tamén desenvolve titorías individualizadas e actividades de tempo libre, nas que conviven alumnos e alumnas de distintos países con compañeiros locais.