• Recortes de Prensa
  • INCORPORA GALICIA SUMA APOIOS EN FERROLTERRA

    • O Programa Incorpora de Obra Social “laCaixa”, que desenvolve no noso territorio o grupo Incorpora Galicia baixo coordinación de Igaxes3, vén de sumar novos apoios en Ferrol e comarcas limítrofes. Grazas ao convenio subscrito pola Asociación de Empresas de Limpeza de Edificios e Locais de Ferrol, Eume e Ortegal, crearanse novas oportunidades de emprego para mozos e mozas en situación vulnerable. O Diario de Ferrol recolleu a noticia na súa edición do 15 de maio de 2013. Ler aquí

    UN NOVO PROXECTO DE VOLUNTARIADO EN SANTIAGO

    • Na súa edición do 10 de maio de 2013, El Correo Gallego informa de que o Concello de Santiago, a través da súa Concellería de Xuventude e Normalización Lingüística, promove un proxecto para fomentar o voluntariado entre o tecido asociativo compostelán e, en especial, entre os mozos e mozas en situación vulnerable. A participación de Igaxes3 permitirá que algúns dos nosos rapaces sen apoio familiar poidan desempeñar actividades de voluntariado ambiental en distintos espazos da cidade. Ler aquí

    Falamos do Programa Incorpora na Radio Galega

    • O Programa Incorpora é unha iniciativa de Obra Social “laCaixa” destinada a favorecer a incorporación ao mundo do traballo daquelas persoas que, por estaren en situación vulnerable, téñeno un pouco más complicado. En Galicia, o Grupo Incorpora está composto por cinco entidades de acción social: Fundación Érguete Integración, FEAFES, APES e COGAMI, ademais de Igaxes3, que é a entidade coordinadora. O director de Igaxes3, Carlos Rosón, falou para a edición do 23 de abril do espazo Convivir en igualdade da Radio Galega. Escoitar aquí

    Reporteiros: “Vivir nos centros de menores”

    • O programa Reporteiros de Televisión de Galicia emitía o 2 de marzo de 2013 a reportaxe titulada “Vivir nos centros de menores”, amplo documento arredor do sistema público de protección e reforma de menores en Galicia. Boa parte do segmento dedicado aos mozos e mozas sen apoio familiar -e, xa que logo, amparados polo sistema de protección- conta coas voces de varios participantes e traballadores do Programa Mentor de apoio á independencia, que en Igaxes3 desenvolvemos dende 2005. Ver aquí

    Reportaxe sobre Referentes en ‘Hoxe Por Ti’

    • O equipo de Hoxe Por Ti -o programa de temática social de Popular TV- visitounos na Coruña en febreiro de 2013 para interesarse polo proxecto referentes. Alí coñeceron a Jessi e Irene e, desa experiencia, resultou un vídeo que resume perfectamente o que o proxecto ten de ser. Nel as nosas participantes falan de como se coñeceron, de como foi desenvolvéndose a súa relación e, en definitiva, de todo aquilo que as une a día de hoxe. Ver aquí

    Programa Mentor: “Aprendendo a camiñar sós”

    • O diario La Opinión de A Coruña publicaba o 16 de febreiro de 2013 esta reportaxe sobre Mentor, o programa integral de apoio á autonomía que desenvolvemos en Galicia dende 2005. O texto asinado por María de la Huerta contén declaracións de dous mozos residentes nun dos nosos Recursos de Apoio á Inserción, e tamén dunha moza ex tutelada que hoxe vive de forma totalmente independente. Consultar en liña

    Proxecto Referentes en V Televisión

    • Quique e Malena viven en Vigo. Coñecéronse hai apenas un ano e foron os primeiros participantes do proxecto Referentes. O que naceu no seu día como unha iniciativa de voluntariado converteuse, en poucos meses, nunha relación de amistade sincera e perdurable. V Televisión elaborou con eles unha reportaxe para o seu Informativo Fin de semana do 13 de xaneiro de 2013. A peza pode verse aquí.

    España Directo: Buscando referentes

    • A edición do 28 de decembro de España Directo (RNE) xirou arredor dunha pregunta lanzada á audiencia: “Quen foi o teu referente na vida?”. Nós fomos convidados para falar no estudio do proxecto Referentes, e fixémolo contando coas voces e as experiencias de Jessica e Irene, dúas das nosas participantes máis recentes. A conversa pódese escoitar integramente na web do programa.

    Proxecto Referentes: “Joven busca ayuda para volar solo”

    • O 26 de decembro de 2012, La Voz de Galicia publicaba a reportaxe así titulada sobre Referentes, o noso proxecto de voluntariado destinado a atopar persoas que queiran converterse nunha figura adulta de referencia para un mozo ou moza tutelado. O texto pode consultarse en liña ou en pdf.
    • Ademais, nos días posteriores tivemos oportunidade de explicar o proxecto en Crónica de Galicia de RNE (a partir do minuto 12:30) e en Convivir en Igualdade da Radio Galega (a partir do minuto 04:16)

    Programa Artesa: achegando os mozos tutelados ao mundo do traballo

    • Grazas a este proxecto de voluntariado corporativo, empresarios e empresarias de Galicia convértense en mentores de rapaces tutelados rapaces en todo o relacionado co mundo do traballo e a cultura da empresa. Os mozos, á súa vez, familiarízanse co contorno laboral e ven medrar a súa motivación con vistas á súa escolla profesional. O equipo de Convivir en Igualdade (Radio Galega) convidounos a explicalo no seu programa do 26 de xuño de 2012. Escoitar aquí (desde o minuto 04:03)
    • Ademais, con motivo das primeiras visitas realizadas ás instalacións de dúas empresas asociadas á Asociación Empresarial de Valdeorras, o xornal La Región fixo mención do proxecto na súa edición do 20 de decembro de 2012. O texto pode consultarse en liña ou en pdf.
    Pagina 1 de 512345