• Novas
  • UNHA PERSOA, UN REFERENTE: POÑEMOS EN MARCHA REFERENTES.ORG

    Santiago, 22 de decembro de 2011 - Ernesto Chao está seguro de quen foron os seus referentes na vida. Tamén o saben Rosa Aneiros, Pepe Solla e Yolanda Castaño. Igual que Abe Rábade e mais Pepa Horno. E Lluís Ballester, Clara de Saá, Isabel Lopes… (more…)

    PEPA HORNO: “PARA TRABALLAR CON MENORES É IMPRESCINDIBLE O VÍNCULO AFECTIVO”

    Santiago, 28 de novembro de 2011 - Pepa Horno é unha das principais especialistas españolas en protección infantil, desenvolvemento emocional e prevención da violencia. Neste vídeo enumera as condicións indispensables que debe reunir calquera persoa dedicada ao traballo con menores e mozos en protección. A clave está en dar afecto, o que non significa debilitar o rol educativo. (more…)

    “OS MOZOS EN PROTECCIÓN NON SON UN MUSEO DOS HORRORES: HAI QUE TRABALLAR DESDE O POSITIVO”

    Santiago, 2 de novembro de 2011 - Miguel Melendro é especialista en estratexias de intervención con mozos en dificultade social. Neste vídeo fala da necesidade de traballar con menores tutelados poñendo a énfase nas súas propias potencialidades, deixando de dar tanta importancia aos aspectos negativos das súas traxectorias vitais. (more…)

    Un programa de formación promove a integración social da comunidade inmigrante no Son

    Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2011 - Un equipo educativo de Igaxes3 imparte un conxunto de obradoiros para que as persoas estranxeiras residentes en Portosín amplíen o seu coñecemento da nosa cultura e valores e fortalezan as súas vías de integración na comunidade local. (more…)

    PERSOAS EN RISCO SOCIAL TERÁN MÁIS OPCIÓNS DE EMPREGO NA COMARCA DE VALDEORRAS

    O Barco de Valdeorras, 7 de outubro de 2011 – A Asociación Empresarial de Valdeorras e Igaxes3, en representación do grupo Incorpora Galicia, asinaron onte o convenio Incorpora que promove Obra Social “la Caixa” para favorecer a contratación de persoas con dificultades de acceso ao traballo. (more…)

    Igaxes3 e a USC inauguran o I Máster en Emancipación de Mozos en Conflito Social

    Santiago, 4 de outubro de 2011- Mañá mércores, 5 de outubro, inaugúrase en Santiago a primeira edición do Máster en Intervención e Emancipación de Mozos/as en Conflito Social, que Igaxes3 organiza coa USC e a Fundación Trébol de Iniciativa Social. Os días 6 e 7 impartiranse as primeiras clases teóricas. (more…)

    DEZ RESIDENTES EN VIVENDAS TUTELADAS DE IGAXES3 PARTICIPARÁN NO II ENCONTRO GALEGO DE CIDADANÍA INCLUSIVA

    Santiago, 23 de setembro de 2011 - Como superarmos os obstáculos actuais no noso camiño cara á inclusión social? No II Encontro Galego de Cidadanía Inclusiva, a Rede Galega contra a Pobreza (EAPN Galicia) volve cederlle a voz ás propias persoas en situación ou baixo ameaza de risco social. Nesta segunda edición, que ten por lema “Participando e construíndo futuro”, participarán dez mozos e mozas residentes en vivendas tuteladas de Igaxes3. (more…)

    O I MÁSTER EN INTERVENCIÓN E EMANCIPACIÓN DE MOZOS/AS EN CONFLITO SOCIAL OFRECERÁ OITO CONTRATOS DE TRABALLO

    Santiago, 5 de setembro de 2011 – Xa é posible cursar a preinscrición no Máster que promoven Igaxes3, Fundación Trébol de Iniciativa Social e a Universidade de Santiago de Compostela. O programa inclúe tres meses de prácticas e asegura oito contratos laborais ao remate dos estudos para traballar en proxectos de apoio á autonomía. O día 15 de setembro é o límite para solicitar a praza. (more…)

    IGAXES3 COORDINARÁ O PROGRAMA INCORPORA GALICIA PARA A INSERCIÓN LABORAL DE PERSOAS EN SITUACIÓN VULNERABLE

    Vigo, 20 de xullo de 2011 – Igaxes3 é dende hoxe a organización responsable de coordinar en Galicia o programa Incorpora de Obra Social La Caixa, destinado á integración laboral de persoas con dificultades de acceso ao traballo. Outras catro entidades galegas de acción social participan no programa, en virtude do convenio asinado esta mañá en Vigo. (more…)

    EAPN INSTA A INCORPORAR A VOZ DAS PERSOAS EN RISCO DE EXCLUSIÓN NAS ESTRATEXIAS DE LOITA CONTRA A POBREZA

    Santiago, 1 de xullo de 2011 – A Rede Galega de Loita contra a Pobreza (EAPN Galicia) clausurou o I Foro Galego de Pobreza, Exclusión Social, Terceiro Sector e Voluntariado. Dende as políticas ás persoas, que reuniu en Santiago de Compostela a representantes de máis de vinte ONGs, administración, empresas e sindicatos de Galicia para analizar durante dúas xornadas a problemática da pobreza e a exclusión social dende o triplo punto de vista habitual en EAPN: europeo, español e galego. (more…)

    Pagina 1 de 3123