O programa A Pé de Rúa reúne as súas actividades nunha mostra fotográfica
Santiago, 22 de decembro de 2010 – A concelleira de Benestar Social e Igualdade de Santiago, Mar Martín, inaugura hoxe, ás 20.00h no Centro Sociocultural de Conxo, a exposición fotográfica “Un Pé na Rúa”. A mostra reúne un cento de traballos realizados polos mozos e mozas do barrio de Conxo durante a súa participación nas actividades do programa educativo municipal A Pé de Rúa. No acto entregaranse tamén os Premios Conxo FM, o programa de radio en liña que elaboran os propios rapaces cada semana. (more…)



