• Novas
  • Clausurada a segunda edición do Máster en Emancipación de Mozos en Conflito Social

    Santiago, 23 de maio de 2013 – A segunda promoción do Máster que coorganizan a USC, Fundación Trébol e Igaxes3 recibiu onte os seus diplomas de especialista no acto de clausura celebrado no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia. Oito alumnas e alumnos incorpóranse agora como educadores de Igaxes3 nas súas vivendas tuteladas do Programa Mentor. (more…)

    Un novo acordo favorecerá o acceso ao emprego de mozos sen apoio familiar en Ferrolterra

    Ferrol, 14 de maio de 2013 – Mozos e mozas sen apoio familiar da zona de Ferrolterra poderán acceder a novas oportunidades de emprego grazas ao convenio asinado esta mañá en Ferrol. A Asociación de Empresarios de Limpeza de Edificios e Locais de Ferrol, Eume e Ortegal; e mais Igaxes3, en representación do grupo Incorpora Galicia, pecharon o convenio Incorpora que promove Obra Social “la Caixa” para favorecer a contratación de persoas con dificultades de acceso ao traballo. (more…)

    Adolescentes sen apoio familiar empregan a fotografía para entender mellor a sociedade da que forman parte

    Vigo, 24 de abril de 2013 - A fotografía tamén pode ser un vehículo para a inclusión social: tal é a premisa da que parte o curso fotográfico no que están a participar oito mozos e mozas sen apoio familiar grazas á colaboración entre Agareso e Igaxes3. A iniciativa está a desenvolverse dende marzo e durante tres meses en Vigo. (more…)

    O X Solidario axudará en 2013 a case seis millóns de persoas

    Santiago, 16 de abril de 2013 - Grazas á solidariedade das persoas contribuíntes que marcaron Fins Sociais na súa declaración da Renda, este 2013 case seis millóns de persoas en risco de exclusión social beneficiaranse dos programas financiados polo IRPF. Durante este ano poranse en marcha 1.103 proxectos sociais desenvolvidos por 425 ONG de Acción Social, ademais de centos de proxectos en países de África, América Latina e Asia realizados por ONG para o Desenvolvemento. (more…)

    VACINAS SOCIAIS PARA FACERLLES FRONTE AOS RETOS DO DÍA A DÍA

    Santiago de Compostela, 10 de abril de 2013 - Durante o noso segundo encontro de traballo internacional, celebrado a pasada fin de semana na sede de Igaxes3 en Santiago, as cinco entidades participantes definimos o formato e contidos das nosas “vacinas sociais”. Pero, que son estas vacinas, exactamente? (more…)

    [Blog Referentes] Jessi e Irene, tres meses despois

    14 de marzo de 2013 - Un referente é “alguén a quen lle podes contar as túas cousas, que che apoia nos bos momentos e nos malos, que sempre está xunto a ti”. A definición non é nosa, senón de Jessi, unha das nosas mozas participantes. Irene, xornalista de 27 anos, é a súa referente dende hai apenas tres meses. Non é moito tempo, pero cando hai conexión, mesmo un único día dá para moito. (more…)

    ‘MENTORÍA ENTRE IGUAIS’: A EXPERIENCIA DA EMANCIPACIÓN, NA VOZ DOS MOZOS EX TUTELADOS

    Santiago, 14 de febreiro de 2013 - Cando nos enfrontamos a algo por primeira vez, a axuda máis valiosa que podemos recibir é o consello dunha persoa que xa tivo esa mesma experiencia. Durante a nosa infancia e adolescencia, a maioría das persoas encontramos ese apoio no noso pai e na nosa nai, se cadra nun irmán maior ou mesmo nalgún familiar próximo. Ese apoio permanente por parte dun adulto querido é unha das nosas fontes principais de confianza. (more…)

    Vacinas Sociais, un proxecto europeo para mellorar no traballo coas persoas en situación vulnerable

    Santiago, 3 de xaneiro de 2013 - Durante a infancia, todas as persoas recibimos un programa de vacinas para previr distintas enfermidades e vivir con boa saúde de forma estable e duradeira. O proxecto internacional Vacinas Sociais propón unha aproximación similar no traballo a carón das persoas en situación vulnerable. Os días 8 e 9 de xaneiro, un equipo de Igaxes3 estará en Hemel Hempstead (Reino Unido) para o primeiro encontro de traballo coas outras catro entidades europeas participantes. (more…)

    [Blog Referentes] A mirada dos demais

    04 de decembro de 2012 - Hai poucos días publicábase na prensa unha reportaxe titulada “Hacerse mayor en un centro de menores“, unha aproximación en positivo á realidade dos mozos e mozas tutelados. O texto merece unha lectura. Todas as persoas que formamos referentes –tanto voluntarios coma profesionais- sabémolo moi ben, pero moita xente da rúa ignora que estes rapaces non só aspiran a lograr unha vida normalizada -coma a de calquera mozo ou moza da súa idade-, senón que, na maioría dos casos, conségueno. (more…)

    “O abandono escolar pódese previr, pero só cando hai implicación por parte da familia”

    Santiago, 8 de novembro de 2012 - Este curso desenvolvemos, por cuarto ano consecutivo, o noso proxecto destinado á prevención do abandono escolar entre mozos e mozas de 12 a 16 anos. Desde os centros de ensino público de Santiago, o equipo do programa Aleida traballa para a resolución de conflitos, a mediación intercultural e a prevención do absentismo. Sobre todo isto conversamos con Ana Martínez, coordinadora do programa. (more…)

    Pagina 1 de 1012345>>10